Os rockeiros de Infantil convidan ó resto dos compañeiros a coñecer o seu mundo. Será na hora de ler o xoves 3 e o venres 4 de maio.
luns, 30 de abril de 2018
venres, 27 de abril de 2018
Expo - Clásico
O alumnado de 1º, expertos en música clásica, fixeron a exposición sobre o seu xénero ó resto dos compañeiros no seu local de ensaio.
"Os clásicos de 1º
temos Orquestra Sinfónica,
dirixe o Mestre Batutas
os preludios e as fugas".
luns, 23 de abril de 2018
Wolfgan Amadeus Mozart
Os clásicos de 1º xunto coas mestras María José e Olalla elaboraron un libro de Mozart con pictogramas. Entregarémolos ó final das exposicións ó resto dos grupos para as súas bibliotecas de aula. Temos reservado un para a biblioteca.
venres, 20 de abril de 2018
Exposicións a tutiplén
Os clásicos de 1º convidan ó resto dos compañeiros a coñecer o seu mundo. Será o xoves e venres desta semana no seu local de ensaio.
mércores, 18 de abril de 2018
Presentación do reguetón
O alumnado de 3º, os reguetoneiros, fixeron unha exposición sobre o seu xénero ó resto dos compañeiros no seu local de ensaio.
luns, 16 de abril de 2018
Exposicións a tutiplén
Os reguetoneiros de 3º convidan ao resto dos músicos a coñecer o seu mundo. Será xoves e venres desta semana no seu local de ensaio.
xoves, 12 de abril de 2018
Orquestra Sinfónica de Galicia
Os clásicos de 1º están preparando e buscando información sobre a Orquestra Sinfónica de Galicia.
OSG from Curuxa Catuxa on Vimeo.
As familias de instrumentos agrúpanse para formar unha orquestra sinfónica. Van colocadas dunha maneira determinada. Diante, a de corda ( violíns, violonchelos, contrabaixos, piano e arpa); no medio a de vento( trompetas, trombóns, tubas, trompas, clarinetes e fagots) e atrás a de percusión ( bombo, timbais, platillos e xilofón).
Hai moitas orquestras no mundo. En Galicia podemos presumir de ter unha que se chama Orquestra Sinfónica de Galicia creada no ano 1992 na cidade da Coruña.
Con todos vós, OSG
luns, 9 de abril de 2018
Mapa musical
O alumnado de 1º está elaborando un mapa musical ( así lle chaman eles) para situar os músicos clásicos no seu país de nacemento. As cores son as mesmas que utilizaron na táboa de períodos históricos para relacionar o lugar de nacemento co período histórico ó que pertence cada músico.
martes, 3 de abril de 2018
O clásico
O alumnado de 1º está preparando unha introdución sobre o clásico para logo contalo na exposición que farán na última semana de abril.
A música clásica existe hai máis de mil anos. Defínese como música culta ou académica porque os músicos que se dedican a este xénero teñen que estudar moitos anos para chegar a ser bos profesionais.
A música clásica divídese en períodos históricos. Aquí tedes unha táboa feita polo alumnado.
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)