Na aula de música, o alumnado estivo traballando neste mes de maio sobre a Regueifa (canto) que é unha cantiga improvisada sobre un tema determinado que se fai entre varias persoas seguindo un mesmo cantar ou son.
Aprenderon que as estrofas son de 4 versos octosílabos nos que riman os pares e quedan libres os impares.
Este tipo de versos son típicos en Galicia. A Costa da Morte é unha das zonas máis ricas neste tipo de literatura popular.
Partindo do tema anual "Músicas a tutiplén", cada curso, con humor e retranca, inventou a súa estrofa relacionada cos xéneros musicais que traballaron ó longo deste curso musical.
Aquí estamos todos xuntos
a orquestra do colexio,
celebrando a gran festa,
o día das Letras Galegas.
Músicas a tutiplén
é o tema deste curso.
Aquí estamos regueifando
inventando e afinando...
Aquí tedes a todos os músicos dos Muíños celebrando a gran festa, o Día das Letras Galegas.
Unha hora á semana,
unha hora non é nada,
por iso as clases de música
nunca nos chegan a nada!
Ningún comentario:
Publicar un comentario