xoves, 31 de maio de 2018
We got the Funk
Todo o colexio desfrutou da presentación do Funk que fixo o almnado de 2º E.P. o mércores e xoves desta semana.
"Nós somos os de 2º
gústanos moito o Funk.
Rapea que rapeamos,
e o esqueleto meneamos".
gústanos moito o Funk.
Rapea que rapeamos,
e o esqueleto meneamos".
mércores, 30 de maio de 2018
Exposicións a tutiplén
O mércores 6 de xuño, os Indie Pop de 4º contarannos moitas cousas que aprenderon sobre o seu xénero. Será no seu local de ensaio:
- Na hora de ler: 3º, 5º e 6º E.P.
- Na última sesión: Infantil, 1º e 2º E.P.
Exposicións a tutiplén
O 5 de xuño, 6º presenta Jazz no seu local de ensaio. Haberá dous pases:
- Infantil, 1º e 2º de Primaria: 12:30 -13:10h
- 3º, 4º e 5º E.P.: 13:15 - 13:50h
- Infantil, 1º e 2º de Primaria: 12:30 -13:10h
- 3º, 4º e 5º E.P.: 13:15 - 13:50h
martes, 29 de maio de 2018
luns, 28 de maio de 2018
Exposicións a tutiplén
Os Lolailos queren compartir con nós o que aprenderon sobre o Flamenco.
Estamos invitados todos: Infantil, 2º e 3º E.P.( na hora de ler).
1º, 4º e 6º E.P. ( de 16:00 a 16:30h.)
xoves, 24 de maio de 2018
xoves, 17 de maio de 2018
Regueifas a tutiplén
Na aula de música, o alumnado estivo traballando neste mes de maio sobre a Regueifa (canto) que é unha cantiga improvisada sobre un tema determinado que se fai entre varias persoas seguindo un mesmo cantar ou son.
Aprenderon que as estrofas son de 4 versos octosílabos nos que riman os pares e quedan libres os impares.
Este tipo de versos son típicos en Galicia. A Costa da Morte é unha das zonas máis ricas neste tipo de literatura popular.
Partindo do tema anual "Músicas a tutiplén", cada curso, con humor e retranca, inventou a súa estrofa relacionada cos xéneros musicais que traballaron ó longo deste curso musical.
Aquí estamos todos xuntos
a orquestra do colexio,
celebrando a gran festa,
o día das Letras Galegas.
Músicas a tutiplén
é o tema deste curso.
Aquí estamos regueifando
inventando e afinando...
Aquí tedes a todos os músicos dos Muíños celebrando a gran festa, o Día das Letras Galegas.
Unha hora á semana,
unha hora non é nada,
por iso as clases de música
nunca nos chegan a nada!
venres, 11 de maio de 2018
Tablao flamenco
O alumnado de 5º, Os Lolailos, están preparando o tablao, o lugar de reunión onde nos ofrecerán o seu espectáculo flamenco.
Aquí os tedes traballando a tope!
Tablao flamenco from Curuxa Catuxa on Vimeo.
E aquí tedes o resultado do seu traballo:
Tablao Flamenco "Os Lolailos"
venres, 4 de maio de 2018
I Infanti´Rock en concerto
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)