venres, 22 de decembro de 2017

Festival de Nadal 2017

O 21 de decembro celebramos o fin do trimestre co Festival de Nadal "Músicas a tutiplén". Un momento para compartir coas familias e cos compañeiros o que levamos traballado este trimestre.


Presentan o festival Andrea e Noa de 6º
A Chiquitropa anuncia polos corredores do colexio que hoxe é un día especial.
Foron os primeiros en participar coa canción "A escala musical". Acompañou ao piano Valentina de 4º.
Continúan os pequerrechos de Infantil co seu rock and roll "Van tres reis en bicicleta".
È a quenda de 1º,  a orquestra sinfónica "O arco da vella", coa súa "Pequena serenata de Mozart" en SolM.
Continúan os de 3º, os reis do reggaeton, coa obra de teatro "Os músicos de Bremen" e cunha canción versionada por eles que fai alusión á historia destes músicos tan peculiares.
Os de cuarto, os pop indie,  cantan e bailan a ritmo de muiñeira   esta fermosa panxoliña "A cantiga do apalpador".
E xa están preparados os de quinto, co seu conto musical "A aldea enchoupada". A autora deste conto é a súa titora Isabel. A música seleccionada para o conto é un fragmento do musical "Singin`in the Rain".
Sexto dá remate a esta primeira parte do festival cunha obra de micro-teatro titulada "A orquestra". Unha fusión de clásico con jazz  "Jazz Amadeus Mozart".
Rematamos este festival cunha versión en galego con método Kodaly dunha das cancións da banda sonora da película "Sonrisas y lágrimas": "Do-Re- Mi".
Forman a Orquestra todo o alumnado desde Infantil a 6º de Primaria. Cada curso representa unha nota musical e cada nota vai definida por unha cor. 

xoves, 21 de decembro de 2017

Proxecto musical: "Sonrisas y lágrimas"

"Sonrisas y lágrimas" é o nome do proxecto que está preparando a Orquestra do colexio nas clases de música para o festival de Nadal. 
Neste proxecto estanse utilizando distintas metodoloxías: Kodály e Orff.
A distribución dos músicos foi a seguinte:
Infantil, 1º e 2º E.P.: Placas e voz ( Método Kodály)
3º e 4º E.P.: voz ( Método Kodály)
5º e 6º: Frautas
Valentina ( 4º E.P.)e Diego e Lucas ( 5º E.P.): pianos
Adrián ( 4º E.P.): tambor
Lucía e Sara ( 6º E.P.): Pandeiretas
Voz principal: Carla ( 6º E.P)
Cada curso representa unha nota musical e cada nota vai definida coa cor que utilizamos na clase de música para aprender a escala musical. DO ( vermello), RE ( verde), Mi( rosa), FA ( azul), Sol ( amarelo), La ( laranxa), Si( marrón).
Para a posta en escea preparamos unhas bolsas de cores cunha figura musical. 
O Voluntariado de lectura axudou a preparar as bolsas.
Ensaiando...

E chegou o festival de Nadal...Aquí tedes a orquestra do colexio interpretando "Sonrisas y lágrimas". 


luns, 18 de decembro de 2017

Sinfónica "O arco da vella"

Os clásicos de 1º formaron unha sinfónica. Chámase "O arco da vella". Farán dous concertos: no festival de Nadal "Músicas a tutiplén" e no de entroido "E ti... que músico vés sendo"?
Sinfónica- O arco da vella from Curuxa Catuxa on Vimeo.

venres, 8 de decembro de 2017

martes, 5 de decembro de 2017

Primeiros lutieres

Que ben o pasaron os lutieres de primeiro construíndo os instrumentos de corda fretada, violíns e violonchelos,  para a súa orquestra sinfónica.  Facendo e aprendendo...

luns, 4 de decembro de 2017

Músicos artesáns

O alumnado de 1º elabora as perrucas barrocas para a súa sinfónica. 
Sabedes por que músicos como Mozart usaban perrucas? 
Alá polo século XVII e XVIII as perrucas eran moi comúns porque era unha maneira de mostrar o estatus social da xente.