O 21 de decembro celebramos o fin do trimestre co Festival de Nadal "Músicas a tutiplén". Un momento para compartir coas familias e cos compañeiros o que levamos traballado este trimestre.
Presentan o festival Andrea e Noa de 6º
A Chiquitropa anuncia polos corredores do colexio que hoxe é un día especial.
Foron os primeiros en participar coa canción "A escala musical". Acompañou ao piano Valentina de 4º.
Continúan os pequerrechos de Infantil co seu rock and roll "Van tres reis en bicicleta".
È a quenda de 1º, a orquestra sinfónica "O arco da vella", coa súa "Pequena serenata de Mozart" en SolM.
Continúan os de 3º, os reis do reggaeton, coa obra de teatro "Os músicos de Bremen" e cunha canción versionada por eles que fai alusión á historia destes músicos tan peculiares.
Os de cuarto, os pop indie, cantan e bailan a ritmo de muiñeira esta fermosa panxoliña "A cantiga do apalpador".
E xa están preparados os de quinto, co seu conto musical "A aldea enchoupada". A autora deste conto é a súa titora Isabel. A música seleccionada para o conto é un fragmento do musical "Singin`in the Rain".
Sexto dá remate a esta primeira parte do festival cunha obra de micro-teatro titulada "A orquestra". Unha fusión de clásico con jazz "Jazz Amadeus Mozart".
Rematamos este festival cunha versión en galego con método Kodaly dunha das cancións da banda sonora da película "Sonrisas y lágrimas": "Do-Re- Mi".
Forman a Orquestra todo o alumnado desde Infantil a 6º de Primaria. Cada curso representa unha nota musical e cada nota vai definida por unha cor.
Forman a Orquestra todo o alumnado desde Infantil a 6º de Primaria. Cada curso representa unha nota musical e cada nota vai definida por unha cor.
Ningún comentario:
Publicar un comentario