mércores, 28 de febreiro de 2018

Música, maestro!

Os clásicos de 1º xa teñen músicos e instrumentos. Falta a peza indispensable da orquestra, a alma, a cabeza e o corazón: o director. 
Na man dereita adoita levar unha batuta coa que marca o tempo, o ritmo do compás e a velocidade. A man esquerda é a encargada de sinalar as entradas a cada grupo de instrumentos e solistas. Con todo o corpo: brazos, mirada, boca, ollos... fará mil xesticulacións que serán importantes para facer que cada obra soe como única.
Normalmente se lle chama "maestro" porque é a persoa que estudia en profundidade toda a obra, ten que controlar en cada momento o que teñen que facer todos os músicos. 
Presentamos ó "maestro" Batutas, o rei das musas.
Director de orquestra from Curuxa Catuxa on Vimeo.

luns, 26 de febreiro de 2018

Instrumentos clásicos



A sinfónica de 1º investigou  sobre instrumentos clásicos . Xa coñecen parte da  familia de instrumentos de corda, vento e percusión.


..."as familias de instrumentos: vento- corda, corda-vento.E se fai tatá- tontón, será a de percusión..."

luns, 19 de febreiro de 2018

Músicos clásicos

Os clásicos de 1º prepararon un mural sobre compositores clásicos. Dunha lista de 15 elixiron 8, un por alumno. Estes foron os seleccionados: Bach, Beethoven, Chopin, Manuel de Falla, Mozart, Schubert, Vivaldi e Wagner.
Premendo en cada foto, terás a oportunidade de aprender unha morea de cousas sobre estes músicos.

"Músicos clásicos", traballo feito polo alumnado de 1º E.P.


luns, 12 de febreiro de 2018

Abecedario musical

Aquí tedes o abecedario musical elaborado polos clásicos de 1º. Facéndoo aprenderon o abecedario, un montón de vocabulario musical e algunhas cousiñas sobre Amadeus Mozart.
ABECEDARIO MUSICAL from Curuxa Catuxa on Vimeo.

venres, 9 de febreiro de 2018

Festival entroido "E ti...que músico vés sendo"?

Seguimos con músicas a tutiplén neste Festival de Entroido "E ti... que músico vés sendo?" que celebramos o venres 9 de febreiro. 
Momentos antes do festival cada curso no seu local de ensaio preparando vestiario, afinando instrumentos, ensaiando...
Infantil: Rock
1º : Clásico













                                                   2º: Funk



















3º: Reggaeton
4º: Pop Indie

























5º: Flamenco
 6º: Jazz 

















Chegou o tan ansiado momento, preparados para empezar!






Empeza a función!
Rock ( Infantil): "A Riancheira"




Clásico (1º): "Mozart en serenata"





CLÁSICO DE 1º from Curuxa Catuxa on Vimeo.

Funk ( 2º): Uptown Funk"


Reggaeton ( 3º): "Reggaeton de entroido"


Pop Indie ( 4º): Concerto "The Homens"




Flamenco (5º): "Os Lolailos"


Jazz (6º): "Os do Jazz"

Preparándonos para o desfile de entroido

Aquí están os reguetoneiros de 3º no seu local de ensaio  preparándose para o festival de entroido. 

mércores, 7 de febreiro de 2018

Entroido 2018

Este é o programa do festival de entroido "E ti...que músico ves sendo?"que celebraremos o venres, 9 de febreiro, no ximnasio do colexio. 

luns, 5 de febreiro de 2018

Locais de ensaio a tutiplén

Os músicos dos Muíños decoraron así os seus locais de ensaio. Premendo nas portas verás ós músicos.
Aula específica
Rock and roll ( Infantil)

Clásicos ( 1º E.P.)
Funk ( 2º E.P.)
Regaeton ( 3º E.P.)
Pop Indie ( 4º E.P.)
Flamenco ( 5ºE.P.)
Jazz ( 6º E.P.)