Os clásicos de 1º xa teñen músicos e instrumentos. Falta a peza indispensable da orquestra, a alma, a cabeza e o corazón: o director.
Na man dereita adoita levar unha batuta coa que marca o tempo, o ritmo do compás e a velocidade. A man esquerda é a encargada de sinalar as entradas a cada grupo de instrumentos e solistas. Con todo o corpo: brazos, mirada, boca, ollos... fará mil xesticulacións que serán importantes para facer que cada obra soe como única.
Normalmente se lle chama "maestro" porque é a persoa que estudia en profundidade toda a obra, ten que controlar en cada momento o que teñen que facer todos os músicos.
Presentamos ó "maestro" Batutas, o rei das musas.
Director de orquestra from Curuxa Catuxa on Vimeo.
Ningún comentario:
Publicar un comentario