martes, 30 de xaneiro de 2018

A música na Paz

Semana cargadiña de actividades na que a música foi a gran protagonista. A nosa canción "Todos somos capitáns" en lingua de signos de Magín Blanco abriu as portas á imaxinación.
Entre todos elaboramos a letra da canción con pictogramas. Repartimos as distintas estrofas por cursos.
O mestre Paco elaborou un fermoso vídeo cos pictogramas feitos polo seu alumnado de 6º E.P.



Entre todos tamén fixemos un mural cos distintos pictogramas. Imaxe a imaxe, palabra a palabra...fomos construíndo a canción.
Na clase de música, coa profe María José, aprendemos a canción en lingua de signos. 
E así celebramos o martes, 30 de xaneiro, o Día Mundial da Paz.

luns, 29 de xaneiro de 2018

"Todos somos capitáns"

Na aula de música o alumnado está preparando unha canción en lingua de signos que se titula " Todos somos capitáns" de Magín Blanco.
Cada curso canta unha estrofa e todos xuntos o retrouso. Nas aulas elaboraron os pictogramas para logo, entre todos, dar forma a canción. 
Aquí tedes o resultado da letra con pictogramas:

E aquí estamos cantando a canción en lingua de signos, o 30 de xaneiro, Día da Paz.

martes, 9 de xaneiro de 2018

Recuncho musical


Na entrada da biblioteca temos un recuncho musical onde o alumnado fai pequenas composicións musicais.

Na clase de música escribímola nunha folla de pentagramas, solfexámolas, tocámolas coa frauta e finalmente o autor pon título á súa pequena obra musical.

luns, 8 de xaneiro de 2018

Músicas a tutiplén: Reggaeton

O alumnado de 3º, que escolleu o xénero musical reggaeton, están ambientando o seu "local de ensaio" onde xa están preparando unha exposición para contarnos  cousas interesantes sobre o xénero que elixiron.




luns, 1 de xaneiro de 2018

Os nosos desexos para o 2018

Aquí tedes os nosos desexos feitos melodía. Cada titoría pensou nun desexo e escribiuno sobre figuras musicais. Unha sílaba en cada figura... Despois colocámolas nos pentagramas da árbore musical convertíndose cada figura nunha nota e formando esta marabillosa melodía. 
Feliz 2018