luns, 30 de abril de 2018

venres, 27 de abril de 2018

Expo - Clásico



O alumnado de 1º, expertos en música clásica, fixeron a exposición sobre o seu xénero ó resto dos compañeiros no seu local de ensaio.





"Os clásicos de 1º
temos Orquestra Sinfónica,
dirixe o Mestre Batutas
os preludios e as fugas".

luns, 23 de abril de 2018

Wolfgan Amadeus Mozart

Os clásicos de 1º xunto coas mestras María José e Olalla elaboraron un libro de Mozart con pictogramas. Entregarémolos ó final das exposicións ó resto dos grupos para as súas bibliotecas de aula.  Temos reservado un para a biblioteca.

venres, 20 de abril de 2018

mércores, 18 de abril de 2018

luns, 16 de abril de 2018

xoves, 12 de abril de 2018

Orquestra Sinfónica de Galicia

Os clásicos de 1º están preparando e buscando información sobre a Orquestra Sinfónica de Galicia.
As familias de instrumentos agrúpanse para formar unha orquestra sinfónica. Van colocadas dunha maneira determinada. Diante, a de corda ( violíns, violonchelos, contrabaixos, piano e arpa); no medio a de vento( trompetas, trombóns, tubas, trompas, clarinetes e fagots) e atrás a de percusión ( bombo, timbais, platillos e xilofón).
Hai moitas orquestras no mundo. En Galicia podemos presumir de ter unha que se chama Orquestra Sinfónica de Galicia creada no ano 1992 na cidade da Coruña. 
Con todos vós, OSG

OSG from Curuxa Catuxa on Vimeo.

luns, 9 de abril de 2018

Mapa musical

O alumnado de 1º está elaborando un mapa musical ( así lle chaman eles) para situar os músicos clásicos no seu país de nacemento. As cores son as mesmas que utilizaron na táboa de períodos históricos para relacionar o lugar de nacemento co período histórico ó que pertence cada músico.

martes, 3 de abril de 2018

O clásico

O alumnado de 1º está preparando unha introdución sobre o clásico para logo contalo na exposición que farán na última semana de abril.
A música clásica existe hai máis de mil anos. Defínese como música culta ou académica porque os músicos que se dedican a este xénero teñen que estudar moitos anos para chegar a ser bos profesionais.
A música clásica divídese en períodos históricos. Aquí tedes unha táboa feita polo alumnado.