venres, 23 de marzo de 2018

Festival de Poesía "Somos musipoetas"

O 23 de marzo demos remate a este 2º trimestre co festival de Poesía "Somos musipoetas"



A Chiquitropa anuncia polos corredores que hoxe é un día especial: "Pirimpimpín xa estamos aquí
 pirimpimpía coa poesía
pirimpimpín
a Chiquitropa Mozartín."
E xa todos reunidos no ximnasio, empeza a función...
Comeza o festival coa canción "Pitusa semifusa no mundo da música" interpretada pola Chiquitropa Mozartín.
Continúa Infantil co seu poema "Os rockeiros"
Ana, a nai de Pedro e Diego, recita "A festa"
Chega a quenda de 1º co seu poema "Música clásica rima con máxica"
Begoña, a nai de Hugo, recita "A rumba das apertas"
Os de 2º xa están preparados para recitar o seu poema "O Funk de James Brown"
Cristina, a nai de Bruno, recita "Antón e a súa voz"
Agora van os de 3º co seu "Reguetonema"
Rosa, a nai de Guillermo e mestra de 4º recita "Os instrumentos"
E agora, aí van os de 4º."Indie pop" é o seu poema.
O dueto Cristina e Begoña recitan "O meu país"
Chega a quenda de 5º co seu poema "O flamenco"
Marta, a nai de Valentina, recita o poema "As cordas"
Remata esta primeira parte 6º co seu poema "O Jazz"
Aurelia presenta a escritora e poeta Rocío Leira Castro
Rocío Leira recita un poema seu titulado"O conto dos incomprendidos"
Xogando coa lingua
Chega o momento da entrega de premios do "Concurso de lectura de poesía musical en voz alta"
Dani Rivadulla Gómez ( gañador 1º ciclo)
Judhit Martínez Papín ( gañadora 2º ciclo)
Johana Haz Sar ( gañadora 3º ciclo)
Guillermo Albo González ( Mención honorífica 1º ciclo)
Carla Paz Martínez e Valentina Sánchez Rey ( Mención honorífica 2º ciclo)
Diego Partida Prieto e Carla Martínez Papín ( Mención honorífica 3º ciclo)
Agradecementos e momentos da entrega de agasallos ás mamás participantes no festival.

Grazas Rocío por compartir connosco este momento.
Os músicos dos Muíños dan o toque final a este festival cantando unha versión adaptada da canción  de Olga Brañas  "Pitusa Semifusa e os estilos musicais" 

xoves, 22 de marzo de 2018

mércores, 21 de marzo de 2018

Gañadores do Concurso de lectura de poesía musical en voz alta

Houbo un total de 34 participantes no Concurso de lectura de poesía musical en voz alta. O equipo de biblioteca foi o xurado.
Os gañadores do concurso foron:

  • 1º ciclo: Daniel Rivadulla Gómez

Dani from Curuxa Catuxa on Vimeo.

  • 2º ciclo: Judhit Martínez Papín

Judith from Curuxa Catuxa on Vimeo.

  • 3º ciclo: Johana Haz Sar
Johana from Curuxa Catuxa on Vimeo.

Dado que o nivel foi alto e  houbo moitos participantes, o equipo de biblioteca decidiu conceder 5 Mencións Honoríficas: 
  • 1º ciclo: Guillermo Albo González
Guillermo from Curuxa Catuxa on Vimeo.

  • 2ºciclo: Carla Paz Martínez e Valentina Sánchez Rey

Valentina from Curuxa Catuxa on Vimeo.

  • 3º ciclo:Diego Partida Prieto e Carla Martínez Papín
Diego from Curuxa Catuxa on Vimeo.

Carla from Curuxa Catuxa on Vimeo.

martes, 20 de marzo de 2018

Músicos poetas

Os músicos dos Muíños inventaron poemas relacionados cos  xéneros musicais que recitarán no Festival de Poesía "Somos musipoetas". Aquí están nos seus locais de ensaio, practicando.
Poema de Infantil: "Os Rockeiros"
Poema de 1º: "Música clásica rima con máxica"
Poema de 2º: "O Funk de James Brown"


Poema de 3º: "Reguetonema"
                    
Poema de 4º: "Indie pop"
Poema de 5º
Poema de 6º: O Jazz

Acrósticos Flamenco

O alumnado de 5º e a súa titora Isabel fixeron composicións poéticas a ritmo de acrósticos FLAMENCO.