venres, 23 de marzo de 2018

Festival de Poesía "Somos musipoetas"

O 23 de marzo demos remate a este 2º trimestre co festival de Poesía "Somos musipoetas"



A Chiquitropa anuncia polos corredores que hoxe é un día especial: "Pirimpimpín xa estamos aquí
 pirimpimpía coa poesía
pirimpimpín
a Chiquitropa Mozartín."
E xa todos reunidos no ximnasio, empeza a función...
Comeza o festival coa canción "Pitusa semifusa no mundo da música" interpretada pola Chiquitropa Mozartín.
Continúa Infantil co seu poema "Os rockeiros"
Ana, a nai de Pedro e Diego, recita "A festa"
Chega a quenda de 1º co seu poema "Música clásica rima con máxica"
Begoña, a nai de Hugo, recita "A rumba das apertas"
Os de 2º xa están preparados para recitar o seu poema "O Funk de James Brown"
Cristina, a nai de Bruno, recita "Antón e a súa voz"
Agora van os de 3º co seu "Reguetonema"
Rosa, a nai de Guillermo e mestra de 4º recita "Os instrumentos"
E agora, aí van os de 4º."Indie pop" é o seu poema.
O dueto Cristina e Begoña recitan "O meu país"
Chega a quenda de 5º co seu poema "O flamenco"
Marta, a nai de Valentina, recita o poema "As cordas"
Remata esta primeira parte 6º co seu poema "O Jazz"
Aurelia presenta a escritora e poeta Rocío Leira Castro
Rocío Leira recita un poema seu titulado"O conto dos incomprendidos"
Xogando coa lingua
Chega o momento da entrega de premios do "Concurso de lectura de poesía musical en voz alta"
Dani Rivadulla Gómez ( gañador 1º ciclo)
Judhit Martínez Papín ( gañadora 2º ciclo)
Johana Haz Sar ( gañadora 3º ciclo)
Guillermo Albo González ( Mención honorífica 1º ciclo)
Carla Paz Martínez e Valentina Sánchez Rey ( Mención honorífica 2º ciclo)
Diego Partida Prieto e Carla Martínez Papín ( Mención honorífica 3º ciclo)
Agradecementos e momentos da entrega de agasallos ás mamás participantes no festival.

Grazas Rocío por compartir connosco este momento.
Os músicos dos Muíños dan o toque final a este festival cantando unha versión adaptada da canción  de Olga Brañas  "Pitusa Semifusa e os estilos musicais" 

Ningún comentario:

Publicar un comentario